ENTRADAS

O Festival da Luz é un evento con corazón co que xa se logrou repartir, coa recadación obtida en xanela, máis de…

733.000€

recadados para diferentes causas solidarias en todo o territorio

INFORMACIÓN IMPORTANTE ENTRADAS EDICIÓNS APRAZADAS

Se tiñas entradas para as edicións 2020 ou 2021 aprazadas, e non solicitaches a devolución, estas son válidas para esta nova edición 2022. Proximamente recibirás ao correo de compra as novas entradas.

ACCESO MENORES

O acceso para os menores de 12 anos (incluídos) será gratuíto. Será necesario adquirir entrada a partir desa idade. Tamén será necesario compretar os datos da Autorización de Menores para todos os menores de 18 anos que accedan ao recinto.

• Para o acceso ao recinto e a acomodación é necesario cumprir cos requisitos e medidas hixiénicas segundo a normativa vixente

• Toda entrada emendada, rota ou sospeitosa de falsificación autorizará ao Organizador para privar do acceso ao portador da mesma. A organización non garante a autenticidade da entrada se non foi adquirida nos puntos de venda oficiais.

• Esta licenza é revocable en calquera momento polo Organizador mediante o ofrecemento da devolución do prezo da entrada.

• O portador autoriza ao Organizador para efectuar de acordo coa Lei as revisións ou rexistro da súa persoa e tenencias para verificar que cumpren as condicións de seguridade.

• Non está permitida a revenda desta entrada.

• Achándose reservado o dereito de admisión, o Organizador do evento poderá denegar o acceso ao mesmo ou expulsar do recinto ao portador en caso de incumprimento das indicacións do persoal da organización, así como no caso de que poida racionalmente presumirse que se vai a crear unha situación de risco ou perigo para o propio portador ou outros asistentes, de alboroto ou por estados de intoxicación aparente ou potencial, mediante devolución ou depósito do importe da entrada, responsabilizándose ao portador en tódolos casos polas súas propias accións e omisións que causen lesións a terceiros ou danos materiais. A devolución en caso de iniciarse o evento, efectuarase proporcionalmente á vez que o portador véxase privado do mesmo.

• Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados do evento. O portador non poderá en ningunha forma gravar nin reproducir os sons e/ou imaxes do evento nin dos seus asistentes.

• A posesión desta entrada non dá dereito ao portador ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con fins publicitarios, de marketing ou de promoción (incluídos concursos, agasallos e/ou sorteos) asociada ao portador da entrada ou a un terceiro. O incumprimento deste punto obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalidade equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo, quedará anulada a licenza incorporada á presente.

• Presumirase que o portador crea unha situación de risco se é posuidor de aparellos de gravación, fixación e/ou reprodución sonora ou visual, así como de obxectos susceptibles de ser lanzados e causar danos (latas, botellas, etc.) ou se sobe ao escenario e/ou se lanza sobre o público, aínda por invitación dos artistas, ou se introduce en espazos de acceso restrinxido á Organización, responsabilizándose persoalmente en todos os casos polas súas propias accións que causen lesións a terceiros ou danos ás cousas.

• No recinto do Festival, o acceso con comida e bebida estará permitido en cantidades adecuadas ao consumo propio, en aras de poder acreditar a Sanidade e trazabilidade de todo alimento e bebida que se consuma dentro do recinto, así como da seguridade de todos os asistentes, sendo as cantidades permitidas: 1 bocadillo/sándwich por persoa, 1 botella de auga de máximo 50 cl e sen tapón (non permitido vidro, aceiro, nin material que poida ser perigoso). A adquisición de bebidas e de alimentos comestibles unicamente poderase realizar nas barras habilitadas para ese efecto, coa prohibición de venda de bebidas alcohólicas a menores de 18 anos.

• O acceso ao recinto do evento comporta o consentimento para ser tomado en fotogramas e outros medios de gravación e/ou reprodución sen dereito a compensación algunha por iso calquera que fose a súa utilización posterior.

• O portador desta entrada asume persoalmente todo risco que poida derivar do evento e/ou da concentración a que da lugar o mesmo, tanto no acceso como durante o festival e na saída.

• Non está permitido o acceso con animais ao recinto.

• A devolución, en caso de cancelación do festival, poderase efectuar polo Organizador dentro do prazo de quince días desde a celebración prevista. Se a suspensión realízase unha vez transcorrido máis do 70% do programa do festival non haberá lugar a devolución algunha. As malas condicións climatolóxicas non dan dereito a devolución do importe da entrada.

• O Organizador resérvase o dereito de cambiar ou alterar o contido e orde do programa

• Non se admitirán devolucións nin cambios de entradas.

• Calquera reclamación deberá acompañarse obrigatoriamente coa presentación desta entrada.

• O importe da entrada destinarase a unha causa solidaria (unha vez descontados 5€ que se destinarán a gastos derivados da súa produción, venda e distribución así como a sufragar o incremento de custos de materiais e servizos).





ONDE DURMIR?

ZONA ACAMPADA

XA Á VENDA!

Se vés coa tenda de campaña e queres acampar na zona de acampada situada enfronte do recinto, consulta toda a información e normas deste espazo Aquí

APARCAMENTO DE FURGONETAS E CARAVANAS

XA Á VENDA!

Toda a información e normas da área habilitada para o aparcamento de furgonetas e caravanas Aquí