APARCAMIENTO DE FURGONETAS E CARAVANAS

Vés coa túa casa de catro rodas ao Festival da Luz? Xa á venda a reserva do Aparcamento de Furgonetas e Caravanas.





Este ticket é válido para o estacionamento de 1 vehículo no aparcamento de furgonetas e caravanas durante as tres noites de celebración do Festival de la Luz. Este ticket dá acceso a este espazo a todos os ocupantes que pernoitarán no vehículo.

A área é limitada, polo que unha vez que se complete o aforo darase por cheo o espazo e non será posible adquirir durante a celebración do Festival da Luz o ticket do aparcamento de furgonetas e caravanas.

Apertura

Venres 26 de Agosto ás 12:00h

Cierre

Luns 29 de Agosto ás 12:00h

Ubicación

Zona de aparcamento próxima ao acceso ao recinto

SERVIZOS

• A área conta con iluminación xeral
• Non dispón de tomas de corrente
• Non dispón de baños e duchas, pero poderán utilizarse as habilitadas na zona de camping

PODEMOS ACCEDER Á ÁREA DE ESTACIONAMENTO DE CARAVANAS VARIAS PERSOAS CUN ÚNICO TICKET DE APARCADOIRO DE CARAVANAS?

Si, o ticket é válido por vehículo e dará acceso ao aparcamento de furgonetas e caravanas a todos os ocupantes que pernoiten no vehículo con ticket para este espazo.

PODO ACCEDER CO TICKET DE CÁMPING AO APARCAMENTO DE FURGONETAS E CARAVANAS?

Non se pode acceder co ticket de cámping ao aparcadoiro de caravanas. Para entrar ao espazo do aparcamento de furgonetas e caravanas é necesario adquirir 1 entrada por vehículo.

PODO INSTALAR UNHA TENDA DE CAMPAÑA Á BEIRA DA MIÑA CARAVANA OU FURGONETA?

Non está permitido instalar tendas de campaña no aparcadoiro de caravanas.

PODO ABRIR O TOLDO OU CREAR ESPAZOS ANEXOS O MEU VEHÍCULO?

Non está permitido a instalación de toldos ou mobiliario fóra dos vehículos.

ONDE DEBO ESTACIONAR A MIÑA CARAVANA CANDO CHEGUE AO APARCADOIRO?

O aparcadoiro complétase por orde de chegada, deberás estacionar no lugar indicado que che sinale o persoal.

PODEN OS ASISTENTES QUE TEÑEN O TICKET PARA ESTACIONAR A SÚA CAMPER NO APARCAMENTO DE FURGONETAS E CARAVANAS UTILIZAR AS DUCHAS E SERVIZOS DA ZONA DE ACAMPADA?

Si, os usuarios que pernoiten no aparcadoiro de caravanas e furgonetas poderán acceder ás duchas e servizos do cámping de tendas.