Select Page

Un ano máis o Mercado do Festival da Luz estará cheo de actividades e iniciativas abertas a todo o público. Entre a variada oferta desta edición poderedes participar nunha intervención artística con fibras vexetais.

O sábado 9 de setembro ás 17:00 horas Idoia Cuesta impartirá un taller de escultura artística en mimbre, aplicando a técnica de tecido ao azar, ou tamén coñecida como o “técnica nido”, xa que está inspirada na natureza, en como os paxaros tecen os seus nidos. Esta técnica permite crear diversos volumes e figuras de gran tamaño, así como tecer en diferentes planos e varias persoas á vez.

A actividade estará aberta a todo o público e desenvolverase na caseta de Idoia Cuesta e Areladafe de 17:00 horas a 20:00 horas. Atendendo ás explicacións da artesá, os participantes tecerán e entrelazarán as varas de mimbre sobre a estrutura inicial para conseguir ao final da xornada, a escultura realizada entre todos os participantes.

Neste taller participativo non hai límite de tempo de participación, cada un achegará o seu granito de area para crear unha estrutura de letras en mimbre.

Anímasche a coñecer que palabra creamos entre todos?

Nº PARTICIPANTES: Aberto a todo o público
HORARIO: 17:00 a 20:00 horas, o sábado 9 de septiembre no stand de Idoia Cuesta e Areladafe