Select Page

XOAN CURIEL

“Ecuacións” é o novo traballo de Xoán Curiel que escoitaremos no Festival de la Luz. Cun formato musical sen percusión e con bases electrónicas. Trátase dun traballo cálido, lírico, doce e tamén cun matiz experimental.  Foi gravado dun xeito analóxico directamente nun magnetofón, como se facía antes de existir ordenadores para editar o son. O resultado é un disco coa naturalidade dun directo e tamén coa calidez da gravación e a mestura analóxicas. Neste ano 2017 Xoán está nominado, co seu disco Ecuacións, aos Premios Opinión por partida dobre (Mellor Álbum e Mellor Canción).

Ao longo destes anos, Xoán Curiel participa en diferentes espectáculos e festivais principalmente ligados á lusofonía e á música de autor.  Ten compartido escenario con artistas como: Carlos do Carmo, Javier Alvarez, Margareth Meneçes, Mayra Andrade, Uxía… As súas cancións téñense traducido e cantado en lingua castelá, en portugués de Portugal e de Brasil, en alemán e en inglés dos EEUU.