Select Page

THE FUNKLES

The Funkles é unha orixinal formación maioritariamente feminina cuxo amor por The Beatles e os ritmos funk e soul levounos a crear un universo sonoro único que sorprende e fascina a todo o que os escoita. Desde Santiago de Compostela, The Funkles recrean un repertorio do mítico conxunto de Liverpool dunha maneira inédita, a través de novas interpretacións baseadas en arranxos funk e soul mostrando as cancións de sempre dunha forma diferente, fresca e enriquecida co selo persoal dos grandes músicos que compoñen o grupo. Outra das particularidades do grupo reside en que adaptaron ao galego, o seu idioma natal, algunhas das cancións de The Beatles, interpretándoas mesmo nos seus concertos europeos.

A pesar de levar apenas un ano como banda, a súa traxectoria foi meteórica. No 2016 participaron no International Beatleweek Festival de Liverpool, coroándose como o grupo revelación entre máis de 70 bandas de todo o mundo. The Funkles ofreceu varios concertos, dous deles no mítico The Cavern, lugar no que The Beatles iniciaron a súa lenda. The Funkles ofrecen unha proposta única cargada de enerxía, directos vibrantes, orixinalidade e gran calidade musical. A que esperas para descubrilos no Festival da Luz?