Select Page

TERBUTALINA

Terbutalina faiche bailar coma se te duchases todas as mañás en augardente. Terbutalina é garage-punk fiestero disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.

Desde a súa formación en 2010, non pararon de tocar, de crecer e facer pasalo ben. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk infinidade de festivais e salas, entre os que se sumará o Festival da Luz.

Terbutalina conta xa con varios traballos discográficos. O seu penúltimo LP, “A muerte”, resultou gañador do Premio a Mellor Álbum en Galego nos Premios da Música Independente. En novembro de 2015 lanzan o seu último traballo, “Al otomano se le va la mano”, gravado no Estudo para Ponche e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Ghetto Recorders (Detroit), e que será editado por Folc Records e Gravacións de Impacto.