Select Page

TANXUGUEIRAS

Tanxugueiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Formado oficialmente en xaneiro do 2016, chegaron pisando forte, destacando polas súas marabillosas voces e a súa enerxía no escenario e converténdose rapidamente nun dos grupos revelación da música tradicional galega teloneando a Xabier Díaz nun dos seus concertos ou viaxando ao Celtic Connections de Glasgow acompañando á Banda das Crechas.

Úneas o pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas, mais dándolle un aire novo. O nome procede dun pequeno terreo de Fumaces (concello do Riós). Esta terra era unha das poucas fincas que estaba fóra do alcance dos lobos, pola súa proximidade ás casas.