Select Page

SUPERGLÚ

Nace en 2014 en Coruña da man de Antonio, Davi, Mundo e Sara, como un proxecto que mestura temas propios con versións de todo tipo cun aire acústico. Tras a incorporación de Juan, o son vólvese máis potente, dando lugar a un estilo indie-pop melódico presente nos temas que conformarán o seu primeiro EP, en cuxa preparación se atopan inmersos. “Celebramos a vida a través da música. Só queremos transmitir o agarimo, a enerxía, o bo rolo e o amor entre nós e pola música a quen nos escoite, e facelos partícipes do noso baile”