Select Page

SINIESTRO TOTAL

“Bailaré sobre tu tumba”, “Rock en Samil”, “Como el aceite y el yang”, “Matar jipis en la Cies”… O grupo, nacido no ano 82 en Vigo, leva máis de tres décadas dando guerra. Julián Hernández (voz, guitarra e harmónica), Anxo González (batería), Jorge Beltrán (saxo, órgano, coros), Xavier F. Soto (guitarras e coros) e Óscar Avendaño (baixo e coros) traerán ao Festival de la Luz o seu último disco, La noche de la Iguana, e moitos dos outros anteriores cos seus míticos temas por diante. Que non pare o rock and roll!