Select Page

RULO Y LA CONTRABANDA

Raúl Gutiérrez Andérez, Rulo, presenta no Festival da Luz “El doble de tu mitad”, o seu terceiro disco de creación, que aparece despois de catro anos sen cancións novas, é o punto máis alto ao que, neste momento, pode chegar na súa dobre faceta de músico e escritor. Rulo pertence á sacra estirpe dos creadores que xamais deixan de buscar porque ambicionan seguir crecendo mentres aquilo que fan continúe sendo necesidade vital e non negocio.

É Rulo, si, un buscador de atmosferas, de imaxes, de riffs capaces de poñer en pé aos desconsolados e aos suicidas. Rock sólido e revitalizador. Rock para rir e cantar e non deixar de moverse, pero tamén para pensar e emocionarse. Para notarse -saberse- multiplicado ou dividido, segundo a canción e o momento.