Select Page

PRIMORDIAIS

Formado por Marcelo DoBode e Luis Martíns, dous músicos do ámbito da música galega folk máis actual, Primordiais convidanos a unha viaxe polas hortas nas cuales crece e aflora toda a beleza que une xeneran a arpa xunto coa voz e percusión máis terrenal.

Marcelo DoBode é un artista multidisciplinar, cunha extensa carreira nas músicas tradicionais. Mestre recopilador do legado etnográfico das músicas de raíz de Galicia, tráenos as súas magníficas composicións que se basaen e nacen da tradición. Estas, fusionadas co son do arpa, fan que a música tradicional galega se renove para seguir crecendo, amosando os sons e timbres máis actuais.

Luis Martins é luthier de instrumentos de corda, destacando especialmente coa arpa. Tamén é músico do ámbito do folk e da música tradicional. A súa arpa aporta unha luz única ás melodías e á voz e percusión do seu compañeiro.

Ambos cunha extensa traxectoria nos escenarios galegos, Primordiais chegan ao Festival de la Luz co seu primeiro traballo discográfico: “Droguería Moderna”.