Select Page

NO ME PISES QUE LLEVO CHANCLAS

A finais dos oitenta un puñado de amigos-músicos, forma No Me Pises Que LLevo Chanclas. Seguramente as ganas e a forza do destino encargáronse de crear este grupo. Comezou as súas andanzas na localidade Sevillana de Utrera no verán do 87, despois dunhas vacacións pola costa gaditana, onde xa empezaban a tomar forma as súas primeiras cancións entre festas e risas con guitarras de pau.

Pop, Rock, Reggae ou flamenco eran algúns dos diferentes estilos que influíran nas súas vidas, dando como resultado o seu propio e que bautizaron como Agropop.  No Festival da Luz degustaremos os seus ingredientes principais: letras desenfadadas e música intensa, dando sempre moito xogo á improvisación e a frescura.