Select Page

NEW DAY

No verán de 2015, mentres Dover vivía os seus últimos días como banda despois de 24 anos de traxectoria, Amparo Chairos, o seu guitarrista, compositora e cofundadora, sabía que aínda tiña moitas cousas que dicir e experimentar coa música. Así nace New Day, o proxecto que forman tamén Samuel Pericos (ex Dover) no baixo e Xota Armijos (ex Fuckaine) na batería.

O seu disco debut foi gravado no estudo El Invernadero de Madrid baixo a produción do propios Amparo e Samuel e coa mestura de Ferni Duhalde. Os trece temas que compoñen “Sunrise” están escritos desde un punto de vista existencial e evocan momentos do pasado de Chairos, quen os describa como “unha mestura de berro de independencia e de anhelo dos demais”. Un disco que nace do corazón, pero sobre todo da experiencia de moitos anos na estrada e encima dun escenario.  Descúbreo e gózao en directo no Festival da Luz!