Select Page

MIGUEL ALBERTE

Despois de varios anos tocando e compoñendo cancións, Miguel Alberte grava no verán de 2016 o seu primeiro traballo, titulado “Devolver” nunha evidente chiscadela ao seu grupo favorito, o cal non é necesario nomear. Miguel aposta decididamente polo rocanrol, pero faino sen perder de vista outros xéneros limítrofes con el, como o pop ou o blues. Unha das súas peculiaridades é a diversidade lingüística das súas letras. Desde hai uns meses interpreta os temas do disco e outros seus (que se todo vai ben estarán dentro dun segundo traballo) tanto en actuacións individuais con guitarra acústica como en concertos con formato de banda de rocanrol (dúas guitarras eléctricas, baixo e batería), modalidade para as que foron concibidas as composicións e coa que o veremos no Festival da Luz acompañado por Jacobo de Cabo (guitarra), Miguel Pérez (baixo) e Xito Outeiro (batería).