Select Page

LOS VINAGRES

Regresa ao Festival da Luz o rock volcánico de Los Vinagres. Abel (voz/guitarra) e Rober (batería) levan tocando xuntos máis de 10 anos en proxectos musicais diferentes, entre os que eles mesmos destacan Cuarto Chico. En 2014 únese Sergio (baixista), a quen coñecen por ser gañador en 2014 do certame  de música nova Saperocko, co seu grupo Kabaret.

Coa publicación do seu single “Aquí No Hay Playa” en setembro 2015, despegan definitivamente para todos os públicos. O single contén dous temazos de pura enerxía que dan o pistoletazo de saída a este trío de directo apabullante, que repasa no escenario con sorprendente mestría as súas influencias máis directas… dende Santana a Black Keys, pasando por Mars Volta ou Led Zeppelin.