Select Page

LEIRABUXO

Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide arredores do ano 2008 froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional e procedentes xa dun proxecto musical anterior. As inquedanzas destes catro amigos gaiteiros, e como eles din “a verdade é que leiramos ben”, fixeron que se xuntaran de novo para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galiza con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome de Leirabuxo.

Os oito compoñentes do proxecto Leirabuxo forman parte doutros proxectos musicais da bisbarra de Melide e arredores, pero todos eles senten un especial agarimo cara ao proxecto Leirabuxo, sinxelamente pola amizade existente entre eles e pola súa atracción cara a musíca tradicional dos seus pais.