Select Page

JUAN REICH

Juan Reich dj todoterreo influenciado polo funk, hip hop e sobretodo polo Rock que conta xa cunha longa traxectoria musical nas cabinas galegas.

A súa residencia no xa extinto e mítico Teatro Máxico e na Salaseiscientos deulle a oportunidade de absorber todo tipo de correntes musicais para agora concentralas nos seus sets. Compartir cartel con artistas tan dispares como Amable Dj, Chimo Bayo, Os Chikos do Maiz, Status Quo, Rúa 13, Os Inimigos, ou The Gift serven para certificar que é capaz de adaptarse a todo tipo de público.