Select Page

JORGE CASAL

Jorge Casal despide o seu primeiro disco “O Pulso Forte” nunha última xira no verán de 2017, despois de dous anos presentándoo con excelentes resultados, desde a súa presentación cun cheo absoluto no Teatro Principal de Compostela, e repetíndoo por toda a nosa xeografía.

Nos seus concertos atopámonos cun rock de autor, fresco, desgarrado e pasional, que non deixa indiferente a ninguén.

Na súa banda “Perros de Nadie”, tan dinámica como versátil, conta co respaldo de músicos tan experimentados como Pla Vinseiro, Rober Vazquez, Reynier Aldana, David Taboada e Manu García. Non cho perdas no Festival da Luz!