Select Page

JARABE DE PALO

Parece que foi onte que “La Flaca” de Jarabe de Palo soaba con forza nas emisoras de radio de medio mundo. Pero pasaron 20 anos. 20 anos de cancións, de discos, de concertos. 20 anos durante os cales Jarabe de Palo puxo música á vida de moitos de nós. “La Flaca”, “Depende”, “Grita”, “Agua”, “Bonito”, “El Lado Oscuro”, “Déjame vivir”, … A quen non lle soa algún destes títulos?

En 2017 Jarabe de Palo cumpre 20 anos e celébrao como mellor saben, no escenario, coa banda ao completo, interpretando as cancións máis populares do seu repertorio, coma se o tempo non pasase, coma se fose onte cando se escoitase por primeira vez “La Fraca”, aínda que en realidade pasasen nada menos que 20 anos.