Select Page

IGLOO

Igloo nace en 2005 co seu homónimo disco debut. Tras varios álbums de éxitos, a banda volve ao grande, e fáinolo presentando un novo álbum, o sexto de estudo, “Aquellos maravillosos daños”. Porque a pesar de todo o currículo desta banda de longo percorrido é absolutamente envexable: seis álbums de estudo con colaboracións de luxo (Miguel Rivera de Maga, Paco Neuman, David Cano de Cycle, Elba Fernández, David Van Bylen…), varias xiras polos mellores festivais, actuacións en “Os concertos de Radio 3” e fixos na súa programación diaria e múltiples premios en certames nacionais.

“Aquellos maravillosos daños”, promete dar que falar e preséntanos a un Igloo 2.0, unha banda totalmente madura, en plenitude de facultades e coas ideas moi claras. Non cho perdas e goza de Igloo en directo no Festival da Luz!