Select Page

ESPIÑO

Espiño é o novo proxecto de Alfonso Espiño, compostelán nado en 1976 e activo no mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. En Espiño, Alfonso dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar no eido deste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego.