Select Page

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

Tras dous anos da publicación do seu último traballo, “Orde Invisible”, Eladio e os Seres Queridos presentan “Cantares”, un disco que fai unha homenaxe ás cancións tradicionais de Galicia que escoitaban os seus pais e eles mesmos de pequenos. Un traballo que en Galicia triunfou esgotando unha 1ª edición de 1000 unidades en apenas 3 meses e que soamente venden na súa web e nos seus concertos. O éxito do disco pasou as fronteiras de Galicia soando varias veces en Radio3, apuntado en importantes medios a nivel nacional e sorprendendo a artistas como Amaral ou Vega.

A relación da banda co cancionero tradicional galego vén de lonxe. O ano pasado presentaron unha versión de “Agardarei” (L.E. Batallán,  C. E. Ferreiro) a modo de bonus track de Orde Invisible, e ao longo da xira foron incluíndo temas tradicionais no repertorio, e facían chiscádelas a outras destas cancións dentro dos seus propios temas. Finalmente, a banda decidiu facer unha selección entre o extenso cancionero galego para ir gravando cancións aos poucos… e o resultado é este novo disco que próximamente escoitaremos no Festival da Luz.