Select Page

DR. FEELGOOD

Phil Mitchell, Kevin Morris e Steve Walwyn, son os últimos “Doutores” que acompañaron ao ilustre Le Brilleaux nos seus últimos anos de vida ata que faleceu en 1994, e con el parte da lenda dunha das bandas máis emblemáticas do Reino Unido. Robert Kane, substituiríalle na voz do grupo, e así Dr. Feelgood seguen engordando a maxestosidade dunha formación mítica, entrañable e cun directo espectacular. Os actuais Feelgood seguen desempoando todas aquelas cancións que os seus antepasados na banda, Wilko Johnson, Sparko, Martin, e o propio Brilleaux concevieron a comezos dos 70. Aquela formación creou un estilo musical fibroso, enérxico, que convertía cada show en “a última noite”. Cos seus dous primeiros álbums -“Malpractice” e “Stupidity” convértense en número 1 en Gran Bretaña.

En 1982, só Le Brilleaux queda á fronte, tras duras diverxencias co resto da banda. Aí aparecerán os actuais membros do grupo, que tras longos anos de estrada e decenas de concertos, mantiveron viva a chama de grandes cancións como “Back in the night”, “She does it right”, “Going back home”, “Roxette” ou “All through the city”.