Select Page

DIANA NAVARRO

Diana Navarro iluminará o Festival da Luz con “Resilencia”, o seu último traballo inédito dunha das voces máis importantes e orixinais do noso país. Pop e electrónica cun sen fin de matices, sen esquecer as súas raíces de Copla, Flamenco, Saeta, Zarzuela ou Lírica, son os estilos que poderás apreciar neste sorprendente traballo.

O significado da palabra resilencia é a capacidade do ser humano de estirarse como unha goma sen romper e repoñerse a situacións traumáticas na vida, saíndo reforzado delas. Por iso, “Resilencia” é o título desta viaxe de crecemento e superación persoal e artística, a modo de xoias musicais. 13 cancións compoñen o seu traballo máis arriscado e persoal dunha artista única en constante evolución. Todas as letras menos dúas, están escritas por Diana Navarro, ademais de firma tamén as harmonías xunto a uns excelentes músicos como foron Carlos Beira, Paco Salazar e Iñaki Garcia.