Select Page

DEPEDRO

Depedro é o proxecto musical do cantante e guitarrista Jairo Zavala. O seu último traballo “El Pasajero” é un disco calado pero cheo de sons, un disco sinxelo pero cargado de mundos, un disco contido pero infinito, un disco onde non sobra nada, un disco máxico ás veces, diferente a case todo o que escoitamos, un disco que crea a súa propia linguaxe sonora e literario. Iso é sorprendente: o inconformismo, a procura constante de Jairo Zavala, o seu universo, alcanzan aquí unha unidade, unha coherencia e sobre todo unha profundidade, unha beleza, absolutamente emocionantes e transformadoras. Non es o mesmo despois de mergullarche en “El Pasajero”.

“El Pasajero” inclúe algunha das cancións máis perfectas da súa carreira. Cancións que poderás gozar durante a súa actuación no Festival de la Luz.