Select Page

DE VACAS

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado, Paula Romeu e o guitarrista Guillerme Fernández. En 2015 sorprenderon ao público coa súa particular versión do “Gangnam Style”, de Psy, desde entón non pararon de versionar os hits do momento: “Single Ladies”, “Taxi” ou o seu último éxito “Amodiño”. Que se traerán entre mans para o Festival da Luz?