Select Page

ARIES

Aries trae ao Festival da Luz “Adieu or die”, unha excursión electrónica única: pop re-pleto de harmonías, ritmos trotones e sons relucentes. Neste disco, Aries leva a un nivel máis profundo as virtudes do anterior “Marmelada Dourada”, tamén na Castanya, e de “Maxia Bruta” o seu debut en Bcore. A súa potente alianza entre melodías con forte ascendencia sesenteira, ecos de Brian Wilson e o son psicodélico da Costa Oeste americana, e constructos electrónicos de gran calidez locen aquí a un nivel altísimo.