Select Page

ANDHREA AND THE BLACK CATS

Andhrea & the Black Cats, é unha banda de blues nada a principios do 2013 cuxa traxectoria musical pola xeografía galega, grazas ao boca a boca e ao bo facer da formación, levoulles a acumular máis de 300 concertos durante todo este tempo, e non só en Galicia, senón tamén a nivel nacional.

Despois de tocar en diversos festivais nacionais de blues e musica negra, como é o Outono Codax ou o Festival de Blues de Benicassim, a finais do ano pasado presentaron o seu novo traballo “New Roads” -. Un disco sinxelo e sobrio composto por dez cortes onde acordes do blues máis clásico mestúranse con raíces africanas e ritmos de New Orleans, xunto con pequenos bosquexos de country.

É por iso que chegan ao Festival da Luz, para mostrar o seu traballo e malgastar elegancia, forza e enerxía en cada un dos temas que executan. Por que no seu conxunto, esta banda forman un todo, e xuntos compleméntanse para conseguir transmitir ao público o que senten con cada interpretación. Unha aposta segura, que non defrauda a ninguén.