Select Page

MERCADO

O mercado da Luz é unha das zonas máis atractivas do festival. Nel reúnense un conxunto de empresas e entidades que mostran ao público os seus mellores produtos e servizos. O principal obxectivo é que o público poida experimentar de primeira man as experiencias e proxectos que se ofertan, converténdose así nunha peza fundamental para o desenvolvemento do mercado.

Un espazo adicado aos cinco sentidos, no que a innovación, a creatividade e a sustentabilidade dan cabida a propostas de todo tipo.

Cunha atmosfera máis íntima e próxima ao público, o mercado conta cun escenario propio no que se darán cita grandes artistas nacionais e internacionais xunto a novas bandas emerxentes.