Select Page

CAMPING

APERTURA: venres 8 ás 12:00
PECHE: luns 11 ás 12:00

O Festival da Luz é un evento diferente onde conflúen distintas xeracións. Por este motivo, decidimos dividir o camping en: zona nova e zona familiar. Ademais dos aseos e duchas, o recinto disfpón dun servizo de cafetería onde tamén poderedes adquirir produtos de primeira necesidade e hixiene persoal.

ZONA NOVA

ZONA FAMILIAR

O acceso á zona de camping estará regulado. Únicamente os posuidores da entrada para o festival terán acceso á área de acampada, onde se lles facilitará unha acreditación que lles permitirá entrar e saír do camping libremente.

Xa que se trata dunha contorna natural, rógase non se consuma alcol no exterior das tendas para evitar o botellón e a acumulación de lixo.

A partir das 23:00 estará restrinxido o uso de instrumentos musicais na zona do camping co fin de respectar a zona de descanso. A organización resérvase o dereito para expulsar do camping a todo aquel que non respecte a norma.

HORARIO CAFETERÍA:

• Venres: 17:00 / 00:00
• Sábado: 9:00 / 00:00
• Domingo: 9:00 / 22:00

 

NORMAS DO CAMPING:

Prohíbese a montaxe de tendas de campaña na zona de aparcadoiro de caravanas
Prohíbese aparcar fora da zona de parking nas estradas de competencia municipal, na zona do recinto do festival
Prohíbese a venda ambulante