Select Page

No Festival da Luz poderás desfrutar de distintos showcookings a cargo de destacados Cociñeiros Mahou, como Kike Piñeiro e Eloy Cancela do restaurante A Horta do Obradoiro de Santiago, Rafa Centeno e Inés Abril, do restaurante con Estrela Michelin Maruja Limón de Vigo, Alberto González do restaurante Silabario de Tui, Gerson Igresias de Ruxe Ruxe de Vigo ou Álvaro Victoriano do restaurante Peculiar da Coruña.

Os chefs prepararán e explicarán ante o público distintas elaboracións, ofrecendo ademais a oportunidade de degustar as tapas propostas polos cociñeiros.

A participación nestes showcookings é gratuíta previa inscrición no propio recinto do festival!