Select Page

PREGUNTAS FRECUENTES

Resolve aquí calquera dúbida por pequena que sexa.

¿Pódese entrar ao recinto con comida ou bebida?

Non estará permitido o acceso ao recinto con comida ou bebida do exterior. No Mercado da Luz poderás atopar unha ampla variedade de postos de comida e bebida, nos que tamén haberá alternativas vexetarianas e cervexa sen glute, por exemplo.

Son menor de idade, ¿podo acceder ao Festival?

Todos os menores poderán acceder ao recinto mediante o previo consentimento paterno por escrito. Podes descargar o documento picando Aquí. O acceso ao Festival da Luz para menores de idade ata 12 anos é gratuito.

Se me poño enfermo durante o Festival, ¿onde podo acudir?

O Festival conta cun equipo da Cruz Vermella dentro do recinto.

¿Como podo acceder o venres ao recinto?

Se tes a túa entrada de abono do Festival da Luz poderás acceder á programación do venres ata completar a capacidade.

¿Onde podo coller un taxi?

Hai unha parada de taxis na porta do recinto.

¿Podo acceder coa miña mascota ao recinto?

Non, non está permitido o acceso ao recinto con ningún tipo de animal, excepto cans guía para persoas invidentes. Para acceder cun can guía é necesario presentar o certificado médico do dono do perro así como a súa documentación.

¿Hai caixeiros para retirar diñeiro no recinto?

Non, no punto de troco do Festival da Luz poderás cambiar diñeiro pola moeda oficial do Festival con tarxeta de crédito ou diñeiro en efectivo.

¿Podo acceder ao recinto con cámaras fotográficas?

Si, está permitido o acceso ao recinto.

¿Onde podo estacionar o meu vehículo?

O festival conta cunha zona de aparcadoiro.

Apertura: Venres ás 12:00 / Prezo: 3,5€ aparcar 1 día e 6€ todo o fin de semana.

¿Podo saír e volver entrar no recinto?

Si, coa túa pulseira oficial do Festival poderás entrar e saír do recinto.

A miña dúbida non aparece reflectida neste apartado, ¿a quen podo preguntar?

A través do noso Facebook ou do noso Formulario de Contacto responderemos a calquera dúbida con moita brevidade.