Select Page

Este ano a recadación en taquillas doarase a Oncomet que destinará os fondos á contratación de persoal, instrumental, e material funxible, para levar a cabo un proxecto de investigación moi ambicioso dentro do campo da Biopsia Líquida.

O pasado mes de xuño, o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela recibiu de A Fundación ECO (Excelencia e Calidade da Oncoloxía) o recoñecemento á Iniciativa de Calidade Investigadora en Oncoloxía pola súa campaña de crowdfunding para que a Biopsia Líquida sexa unha realidade

Estes galardóns están dirixidos a aquelas persoas ou institucións que contribuiron de forma significativa na loita contra o cancro no último ano desde distintos ámbitos. Os premios valoran as aportacións desde o punto de vista clínico, científico ou investigador, pero tamén desde o político, asistencial, solidario e divulgativo.

¡#XuntosAvanzamos!
+Info en: http://www.oncomet.es/