Select Page

SÁBADO 9

Luga

Luga

13:20/13:50

Luga é un cantautor  da nova xeración nacido en 1993 en Buenos Aires, Arxentina, e afincado na Coruña desde 2001. O seu estilo conta con trazas de distintos estilos marcados pola influencia da música arxentina e española. Letras contundentes nunha atmosfera próxima ao pop.

Comeza o seu proxecto en solitario en 2015 despois dúas experiencias en grupos de distintos estilos. Ese mesmo ano grava o seu primeiro disco “Algo que buscar” que é presentado nunha xira europea de 27 concertos nas principais capitais do continente.

Actualmente presenta este traballo por toda a península levando a súa esencia a cada recuncho.

FACEBOOK | YOUTUBE

Nelson Quintero

Nelson Quintero

15:10/15:40

Politólogo de formación. Coreógrafo, cantante, actor, bailarín, escritor, produtor e director de escena por vocación. Vinculado ao mundo do cabaret, a música e o teatro de rúa desde 1998.

En 2006, crea o Festival de Cabaret de Galicia, un escaparate de música, danza e o teatro único na península ao redor do cabaret que en 2016 chega á súa novena edición. Desde entón crea as súas propias montaxes, tanto en teatro de rúa como de sala, sempre dando unha volta ao xénero cunha linguaxe e un selo moi particular.

FACEBOOK | YOUTUBE

Edu Calvario

Edu Calvario

17:00/17:30

Edu Calvario, líder da banda , Edu Calvario & Os Mártires do Camposanto, é un veterano músico da escena Nacional con gran notoriedade na súa cidade Natal, Coruña,  desde que se embarcou no seu proxecto de frontman, recibindo cantidade de boas críticas tanto coas súas cancións como pola orixinalidade das versións que realiza de temas de toda a vida; Con aires de folk americano, soul e blues, repasará algúns temas do seu proxecto persoal e a maiores deleitaranos coas versións “ao seu rolo” que lle deron fama a Nivel Nacional e mesmo cruzado o charco.

YOUTUBE

En casa del herrero

En casa del herrero

18:30/19:00

En casa do Ferreiro é un proxecto persoal de Eduardo Ferreiro (A Coruña, 1976). Desde a súa constitución, en 2013, ECDH ofreceu preto dun centenar de actuacións, entre as que destaca o seu paso polo Festival Noroeste Pop Rock Estrela Galicia en 2015 e o Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, no que se alzou co premio na categoría de blues. Pero este é tan só un dos xéneros sobre os que se apoia a proposta de Ferreiro, que bebe tamén do folk, o country e o rock and roll clásico.

FACEBOOK | YOUTUBE

Xan Solo's

Xan Solo's

20:30/21:00

Xan Solo’s crean melodías case cinematográficas e envolventes mesturadas con evocadoras imaxes e texturas, onde as palabras nacen dos lugares mais profundos e viscerales. Seguindo estas premisas, os artistas experimentan en novas formas de composición, de dicción e de interpretación.

Electrolírica é o seu primeiro traballo xuntos, termo que eles mesmos acuñan para definir este proxecto, do que nace unha linguaxe híbrida onde dialogan intimamente estes tres conceptos: A imaxe, a palabra e o son.

Nos seus directos, Xan Solo’s pasan de cancións intimistas, poéticas e teatrais a desgarradoras e potentes instrumentacións, creando diferentes atmosferas ao longo do concerto.

FACEBOOK | YOUTUBE

DOMINGO 10

Diariodeverano

Diariodeverano

16:30/17:00

Diariodeverano es una apuesta de pop alternativo que nace en 2013 como un proyecto personal de Iago Gordillo; un coruñés que, tras pasarse años soplando el saxo en el Conservatorio de A Coruña, comienza la grabación de su primer EP en Drum&Roll Studios: El extraordinario hombre estacionario. Un EP de 6 temas en el que participan los músicos Iago Blanco y David Ferreiro y que ve la luz en enero de 2015 tras una exitosa campaña de crowdfunding.

La banda actual la completan Iago Blanco, Daniel Añón y Alejandro Rapitis, que en marzo de 2015 debutan en la Sala Mardi Gras de A Coruña ante un centenar de personas. Giran por más salas coruñesas ese año hasta ganar el certamen Xuventude Crea de la Xunta de Galicia en la Sala Sónar de Santiago de Compostela.
En febrero de 2016 publican digitalmente 3 canciones más dentro del álbum O.L.A. y ultiman los detalles para el lanzamiento de su videoclip, Todo va a ir bien.

FACEBOOK | YOUTUBE

Chasis

Chasis

18:00/18:30

Chasis é unha banda de rock nacida en maio de 2014 en Oleiros (A Coruña). Os compoñentes que conforman este grupo son Noé Vázquez (voz e baixo), Javier Insua (guitarra e coros), Alan Ponche (guitarra e coros), Xulián Varela (batería), e Esteban Zapata (baixo e coros).

FACEBOOK | YOUTUBE