Select Page

Aínda non coñeces a Miguel Alberte? O domingo 10 poderás escoitalo en directo no Festival da Luz. Co seu tema “Vacacións en Leningrado” alzouse como un dos gañadores na categoría pop-rock do concurso Cultivando Música. Miguel aposta decididamente polo rocanrol, pero faio sen perder de vista outros xéneros limítrofes con él, como o pop ou o blues. Unha das súas peculiaridades é a diversidade lingüística das súas letras. Descubrimos máis da súa música na seguinte entrevista:

Como xorde a idea de formar o grupo?
En 2016 presentóuseme a posibilidade de facer unha gravación e aproveiteina para editar seis dos temas que había ido compoñendo ao longo dos anos. Pedro Cantudo foi o produtor, Javier Cantudo tocou a batería e eu ocupeime do baixo, as guitarras e a voz. Entón reunín unha banda para tocar os temas en directo. Os compañeiros van variando segundo a súa dispoñibilidade para cada actuación. De momento acompañáronme os baterías Enrique Alberte, Javier Herguedas, Xito Outeiro e Miguel Lage, os baixistas Daniel Miranda e Miguel Pérez e os guitarristas Alexandre Couto e Jacobo de Cabo. Estoulles moi agradecido a todos eles. No Festival da Luz estarán comigo Jacobo de Cabo, Miguel Pérez e Xito Outeiro.

Como xurdiu o nome da banda?
Pensei en utilizar algún pseudónimo, pero pensei que os músicos que máis me gustan utilizan os seus nomes reais, por iso decidín ir co meu.

Cales son os vosos principais referentes?
O meu grupo favorito son sen ningunha dúbida The Beatles, de aí a pequena homenaxe que lles quixen facer co título e a portada do meu disco. As miñas outras grandes referencias son Os Rodríguez, The Who, Ariel Rot en solitario e Eric Clapton durante toda a súa carreira (estes dous últimos son os meus guitarristas favoritos). Gozo tamén con outros xéneros de música, pero o que máis me gusta é o rocanrol.

En que vos inspirades á hora de compoñer as vosas cancións?
No que poida (risas). Non é algo que elixa. Ás veces tento compoñer algo e non me sae nada e outras vén a canción por si mesma.

Por qué decidides presentar a vosa maqueta ao Festival da Luz?
O meu tío avisoume da existencia do concurso e decidín presentarme, porque non tiña nada que perder.

Que significa para vós actuar no Festival da Luz?
Pois unha grandísima oportunidade para darme a coñecer e unha experiencia que a priori pode ser moi bonita.

Que escoitaremos durante o voso concerto no Festival da Luz?
Os temas do disco e outros temas meus que, se todo vai ben, estarán nun segundo traballo.

E para rematar… Cales son os vosos plans inmediatos coa banda?
Compoñer e gravar máis cancións e facer máis actuacións.

Moitas Grazas!