Select Page

EDICIÓNS ANTERIORES

COSECHA 2016

Na quinta edición do Festival da Luz, unha vez máis, os abonos esgotáronse semanas antes do evento. En total máis de 25.000 persoas fixeron posible que este ano se doase 101.221€ a Oxfam Intermón, en beneficio dos afectados polo actual conflito en Siria.

Ao escenario subíronse máis dunha corentena de artistas entre os que se atopan nomes como Homes G, José Mercé, Los Toreros Muertos, Vanesa Martín ou Heredeiros da Crus.

Por primeira vez instalouse unha carpa de cinema e teatro, onde os protagonistas foron títulos como Janis Joplin, Little Girl Blue, Superpunky, Searching for Sugar man ou monólogos como o de David Noya.

Ademais, máis de 200 asistentes participaron na primeira carreira pedestre popular que transcorreu pola contorna natural de Boimorto ata o recinto do Festival.

Por outra banda, no Mercado da Luz o público puido gozar de innumerables actividades como talleres, relatorios e catas.

Un quinto aniversario cargado de novidades cuxo resultado foron tres días cunha programación moi variada para todos os públicos nunha contorna natural inigualable.

COLLEITA 2015

A cuarta edición do Festival de la Luz reuniu a máis de 20.000 persoas, alcanzando, un ano máis, a venta total de entradas. Cunha recadación de 65.005€ destinados á acción de Médicos sin Fronteras, o Festival concentrou a persoas de todas as idades que puideron gozar dun fin de semana cheo de música e actividades.

Unha vez máis, a anfitrioa, Luz Casal, deu pistoletazo de saída. Artistas da talla de Revolver, Miguel Poveda, Efecto Pasillo e Heredeiros da Crus, entre outros moitos, se deron cita en Boimorto para obsequiar aos asistentes con momentos únicos e inesquecible.

O mercado de la Luz aumentou o ano pasado con máis de corenta participantes, incrementando a variedade ofrecida durante as anteriores edicións, e apostando de novo por produto artesanais da terra.

A cuarta edición do Festival de la Luz trouxo consigo un novo escenario, situado nunha espectacular carpa que albergou actuación de artistas consagrados no panorama nacional xunto cos finalistas do noso concurso Cultivando Música.

Co fin de dar maior cabida aos máis de 1.800 nenos e nenas que acudiron a gozar do Festival, dispúxose unha zona infantil de máis de 5.000 m2 cun escenario propio e diversas actividades lúdicas e de ocio inspiradas na tradición e creatividade.

COLLEITA 2014

A edición do Festival de la Luz 2014 logrou colgar, unha vez máis, o cartel de sold out. En esta edición foron 20.000 persoas, de todas as idades, as que gozaron dun fin de semana che de música ao aire libre.

O Festival arrancou de mans da anfitrioa, Luz Casal, para dar paso a grandes artistas da talla de Antonio Orozco, Spin Doctors, Fuel Fandango, Quique González ou Los Secretos, entre moitos outros. Ademais, a pasada edición nos regalou momentos inesquecibles como a actuación con Uxía ou súa interpretación de ‘volando voy’ xunto ao seu amigo Kike Veneno.

O Mercado de la Luz incrementou o número de participantes, aumentando a variedade de ofertas e iniciativas presentes no evento e apostando de novo pola creatividade, o ocio, a inspiración e a innovación.

Ademais, a zona infantil adquiriu máis protagonismo e pasou a contar co seu propio escenario, o escenario infantil Fundación Sgae onde nenos e nenas gozaron dunha programación dinámica e divertida.

A recadación en taquilla, destinada integramente a unha causa solidaria, foi a parar a mans de ASEM (Asociación Española de Enfermidades Neuromusculares). Dos 62.400 € doados, a metade destinouse a CIMUS para a investigación de enfermidades raras.

COLLEITA 2013

A segunda edición do Festival de la Luz logrou esgotar, unha vez máis, todas as entradas semanas antes da súa celebración cun aforo maior ao ano anterior. Máis de 8.000 persoas de todas as idades gozaron dun evento cunha atmosfera única.

Guiados excepcionalmente pola anfitrioa Luz Casal, artistas da talla de Fito & Fitipaldis, Rosendo, Carlos Núñez o Dover subiron ao escenario de la Luz nun fin de semana cheo de sorpresas.

O Mercado de la Luz duplicou o número de participantes aumentando a variedade de ofertas e iniciativas presentes no evento e apostando de novo pola creatividade, o ocio, a inspiración e a innovación.

A Federación de Bancos de Alimentos de Galicia, organización beneficiaria da recadación de taquilla da pasada edición, recibiu un cheque por valor de 70.000€ duplicando case a cantidade do ano anterior.

COLLEITA 2012

A primeira edición do Festival de la Luz conseguiu convocar a máis de 5.000 persoas en Boimorto. Esgotáronse as entradas semanas antes do evento e despertou un importante interese mediático.

Os ingredientes auguraban un resultado magnífico que non defraudou a ninguén. Todos os que estiveron no Festival de la Luz comprobaron que a atmosfera que se respiraba non era a de un evento ao uso, que os asistentes non deixaban de sorprenderse coas propostas do Mercado de la Luz e que o concepto de festival conseguiu algo único: converterse nun espazo interxeracional entorno á música, o progreso, a creatividade, a gastronomía, o ocio, a inspiración. Entorno a motores ligados aos conceptos de compromiso social e innovación.