Select Page

ARTISTAS

David Perdomo

David Perdomo

Tras un relativo “stand by” centrado nos seus traballos televisivos, diante e detrás da cámara, Perdomo bótase de novo á estrada para percorrer Galicia. Podes atopalo en bares, discotecas, terrazas, salas e chiringuitos de praia. Próxima parada Festival da Luz!

Quizais o viras na tele … Quizais o viras na internet … Quizais nunca o viras, pero unha cousa está clara, non che deixará indiferente. Neste novo show David repasa o complicado de ser humano co seu habitual incorrección e lingua mordaz tentando provocar que sexas ti o que che censures. Atréveste?

YOUTUBE

Yo soy Sergio

Yo soy Sergio

Sergio sorprenderache co seu espectacular número de maxia. “O meu traballo é facer posible o imposible só para que ti disfrutes”

Demoday

Demoday

Neste “2º DEMODAY DE INDUSTRIAS MUSICALES” de Fundación Paideia e EOI, se presentarán os seguientes proxectos:

  • BOLBORETA – Lydia Botana
  • CENSURADOS MUSIC AND FILM FESTIVAL – Tatiana Gómez
  • CON(A)N – Rafael Anido
  • DIARIO DE VERANO – Iago Gordillo
  • EVASIONES – Varinia Doce
  • LEITMOTIV CREATIVE GROUP – Elena López, Julia González, Clara Copena
  • ROBERT PIER – Roberto Pier
  • SAY MY NAME – Valeria Rubal
Show de improvisación

Show de improvisación

con Antón Coucheiro y Sandra Varela

Show improvisación: creación de historias en directo a partir das propostas de público

DOCUMENTALES

Joe Strummer, vida y muerte de un cantante

Joe Strummer, vida y muerte de un cantante

2007, 123 MIN

Como líder de The Clash dende 1977 Joe Strummer (21/08/52 – 22/12/02) cambiou a vida de moita xente para sempre. Cinco anos despois da súa morte aínda se pode sentir a súa influencia en todo o mundo mesmo con máis forza que nunca. En Joe Strummer: Vida y muerte de un cantante, do director británico Julien Amorne, revélase a Joe Strummer non só como unha lenda ou un músico senón tamén como un comunicador da nosa epoca. Recorrendo á súa historia punk e á amizade íntima que xurdiu entre o director e o protagonista, a película de Julien Amorne é un auténtico e merecido homenaxe ao Joe Strummer de antes, durante e despois de The Clash. A película inclúe imaxes inéditas de toda a súa vida e declaracións de Martin Scorsese, Mick Jones, os Red Hot Chili Peppers e Bono, entre outros.

Oasis: Supersonic

Oasis: Supersonic

2016, 122 MIN

Unha mirada en profundidade á vida e música da famosa banda británica. Oasis é o grupo icónico dos 90, que logrou definir o estilo de toda unha era. Desde os seus comezos nun pequeno soto de Manchester, ata os seus concertos en grandes escenarios do mundo; “Supersonic” enmarca o camiño que esta banda percorre para apoderarse do éxito á conta da relación entre os seus líderes e irmáns (Liam e Noel).

Omega

Omega

2016, 86 MIN

Esta película documental conta a xénese e creación do proxecto que rompeu moldes nos noventa. Omega fusionou o flamenco e o rock da man de Enrique Morente e Lagartija Nick, unindo a poesía de Federico García Lorca e as partituras de Leonard Cohen.

Joy Division

Joy Division

2006, 93 MIN

En 1976, Ian Curtis, Bernard Sumner, Peter Hook e Terry Mason, catro novos británicos procedentes dun Manchester en decadencia, asisten a un concerto de Sex Pistols que lles levará a formar a súa propia banda: Joy Division. Tres décadas despois daquel concerto chega este interesante documental que analiza o contexto e o desenvolvemento da banda de Manchester combinando material audiovisual inédito con entrevistas actuais a testemuñas de primeira liña.